Como protexer aos nenos e nenas do Covid.


 

Xogo do Covid

Para explicar o Covid aos nosos fillos e fillas e, sobre todo, as medidas hixiénicas que deben tomar para non correr riscos, o Sergas máis a Xunta de Galicia pon á nosa disposición este xogo. Esta dividido en tres franxas de idade: de 8 a 10 anos, de 11 a 16 anos e maiores de 16.

Para xogar, preme na imaxe:




 O Covid fixo que todo cambiara hai uns meses. Agora comezamos un novo curso con moitas dúbidas pero tamén cargados coa ilusión de facer o mellor para os nosos fillos e fillas. Entre todos, traballando unidos familias e colexio, conseguiremos que os nenos/as estean protexidos e tamén que retomen as clases tal e como fixeron cada ano. Aprender é algo que non pode quedar "aparcado". Cómpre que volvan ao colexio con moitas ganas para seguir ese camiño que os leva cara conseguir os seus soños.

2020-21, un novo curso. Un curso diferente.