Charla Resolución de conflitos

Esta tarde, a do martes 30 de novembro de 2021, tivo lugar a charla prevista impartida por Marta Lloves sobre "Resolución de conflitos". Participaron moitos pais e nais, a pesar de que as circunstancias impediron que a charla fose presencial. Algo bo que teñen as novas tecnoloxías, entre outras cousas, é que permiten que celebremos un foro coma este dende a comodidade dos nosos fogares. A charla foi  interesante e puidemos aprender, entre outras cousas, que a resolución de conflitos comeza cando lle dicimos "non" aos nosos fillos. É importante que, dende pequenos, lles ensinemos uns límites e unhas normas que fagan máis doada a convivencia. Tamén falou Marta da negociación cos nosos fillos e fillas, e da importancia da comunicación.

Á volta das vacacións de Nadal termos outra charla da Escola de Pais que seguro que será tan amena como foi esta.






Nova charla na Escola de Pais

 Un ano máis, a Escola de Pais do colexio Divino Salvador programa algunhas charlas para seguir aprendendo na educación dos nosos fillos e fillas. Hoxe, 30 de novembro, de 15 a 16,30 horas, Marta Lloves falará de resolución de conflitos dentro do fogar.

Estades convidados a participar.