María Novelle imparte a charla "Normas e Límites"

Esta tarde, a do mércores 9 de novembro de 2022, tivo lugar a charla prevista que foi impartida por María Novelle sobre "Normas e Límites". Participaron moitos pais e nais nesta charla que tivo lugar de forma online a través de Meet. Algo bo que teñen as novas tecnoloxías, entre outras cousas, é que permiten que celebremos un foro coma este dende a comodidade dos nosos fogares. 



A charla foi  moi interesante e puidemos aprender a necesidade de poñer límites aos cativos da casa. É importante que, dende pequenos, lles ensinemos unhas normas que fagan máis doada a convivencia. Tamén falou María da negociación cos nosos fillos e fillas, e da importancia da comunicación.

Á volta das vacacións de Nadal teremos outra charla da Escola de Pais que agardamos volva a ser tan interesante.





















Charla Normas e Límites

O vindeiro mércores 9 de novembro, de 3,15 a 16,30, terá lugar unha nova charla da nosa Escola de Pais. Esta charla será online e terá como título: "Normas e límites". Será impartida por María Novelle (pedagoga), e está especialmente indicada a nais e pais de Ed. Infantil e Primaria.

Gustaríanos moito contar convosco.

"Todos os nenos necesitan pautas, normas, límites. É un erro non poñerllos, como é un erro pensar que vaia, que isto non é para tanto, e ceder para evitar males maiores. Isto é algo que vemos en moitos pais. Temos como ese mecanismo de defensa de dicir: «Bo, imos ceder». Non cedamos, non cedamos para evitar males maiores porque ás veces cometemos grandes erros. E tampouco fagamos que os fillos que se portan ben cedan en función dos seus irmáns. Non sacrifiquemos a uns porque case sempre sacrificas ao que mellor se porta, en función do outro que é o que ten maiores dificultades, o cal é unha gran inxustiza".

María Jesús Álava Reyes (máster en Psicoloxía Pedagóxica e Especialista en Psicodiagnóstico)