Impacto da tecnoloxía na adolescencia

Unicef, coa Dirección científica de Antonio Rial Boubeta (Unidad de Psicología del Consumidor, Universidad de Santiago de Compostela) realizou un estudo riguroso sobre o impacto da tecnoloxía nos adolescentes españois. Para este estudo, entrevistouse a 50.957 adolescentes de 265 centros educativos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), tanto de titularidade pública como privada e/ou concertada, das 17 comunidades autónomas do Estado Español. O 50,3% dos participantes identificouse co xénero masculino, o 48,7% co feminino e o 1% restante con outras opcións. Os datos foron recollidos mediante un cuestionario online nas propias aulas dos centros, entre os meses de novembro de 2020 e marzo de 2021.

As conclusións deste estudo son realmente interesantes e abren a porta a unha reflexión por parte das familias sobre como usan estas novas tecnoloxías os seus fillos e fillas. Sen dúbida, a lectura depara máis dunha sorpresa.

Polo seu interese, quixemos traelo a esta páxina para poñelo á vosa disposición.

Para lelo ou descargalo, simplemente preme na imaxe:





De novo, unha boa charla

María Novelle estivo con nós para falarnos dos perigos (e tamén das virtudes) das novas tecnoloxías. Os móbiles, internet, as redes sociais ou os videoxogos son elementos da vida cotiá dos nosos fillos dende unha idade temperá, aínda que os seus efectos fanse notar máis na adolescencia. As familias temos a responsabilidade de axudalos a xestionar o seu tempo, sobre todo cando falamos do uso das pantallas. Ás veces, este tempo deriva nun abuso e pode xerar grandes problemas. De todo iso falounos María nunha charla rigurosa e amena, á que asistiron un par de ducias de pais e nais.

Dende o cole, seguiremos preocupándonos destes temas e esforzándonos en axudarvos na crianza dos vosos fillos e fillas.

























Charla "Adolescentes tecnoloxicamente sans"

O vindeiro mércores 15 de marzo teremos unha nova charla na nosa Escola de Pais. María Novelle falaranos dos perigos das novas tecnoloxías para os nosos fillos e como poñer límites ao seu uso para evitalos.

Será unha charla online á que todos/as estades convidados.