Dirixido, animado e ilustrado por Ignacio Urrutia.
Mostrando entradas con la etiqueta Asperger. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asperger. Mostrar todas las entradas
Hugo, un amigo con Asperger
A síndrome de Asperger explicada en 6 minutos de forma sinxela e con debuxos animados.
Dirixido, animado e ilustrado por Ignacio Urrutia.
Dirixido, animado e ilustrado por Ignacio Urrutia.
Educando a nenos con síndrome de Asperger
Este é un interesante manual que podedes descargar en pdf sobre os rapaces coa síndrome de Asperger, con consellos prácticos que nos poden axudar co noso fillo/a.
Está escrito por Brenda Boyd.
Simplemente, preme na imaxe:
Xornadas sobre autismo
TEAVI, unha asociación que nace co propósito de dar apoio e respostas ás necesidades das persoas con autismo, organiza unhas xornadas sobre este tema.A información, se vos interesa, é a seguinte:
O vindeiro sábado 17 de outubro ás 09:30 hs., terá lugar no Centro Cultural Helios de Bembrive ( Alameda do Torreiro s/n ), as II XORNADAS TEAVi SOBRE AUTISMO. A organización conta coa colaboración da Alcaldía de Bembrive.Cóntase coa presentación da Asociación por parte de Encarna Fernández (Presindenta da Asociación) e cos relatorios a cargo de María Belén Martínez (Psiquiatra Saúde Mental Infantil do Hospital Álvaro Cunqueiro ), Carmen Marquéz (Psicóloga e coordinadora de B.A.T.A ) e María Pacín (Psicóloga responsable do Gabinete Litus , colaboradora e fundadora da Asociación TEAVi ).
Para realizar as vosas inscripciones tendes/tedes á vosa disposición o teléfono 634887690 ou a través de noso e-mail: teavi.teavi@gmail.com
Para máis información sobre estas xornadas ou sobre a propia asociación, preme na seguinte imaxe:
Charla sobre Asperger
Finalmente a charla sobre a síndrome de Asperger que anunciabamos hai uns días celebrarase o martes 24 de febreiro ás
17´15 horas. Será impartida pola psicóloga Maria Pacin, directora de Litus Psicólogos, especialistas en TEA (trastorno do espectro autista).
Están convidados todos os pais e nais do centro que o desexen.
Subliñamos tamén que esta charla parte dunha idea da ANPA, no que desexamos se convirta nunha frutífera colaboración entre esta asociación e a Escola de Pais.
Asperger
Coa proximidade da charla sobre Asperger, poñemos aquí un enlace á páxina da Federación Asperger España, unha entidade sen ánimo de lucro de interese público e social que compón no seu conxunto ás Asociacións da Síndrome de Asperger de ámbito nacional e autonómico.
Sen dúbida unha boa forma de achegarse a este trastorno e atopar información contrastada e interesante.
Sen dúbida unha boa forma de achegarse a este trastorno e atopar información contrastada e interesante.
Simplemente preme na imaxe:
Charla sobre Asperger
No mes de febreiro teremos a primeira das charlas deste curso para nais e pais. Partindo dunha proposta da Anpa, esta charla abordará o tema da síndrome de asperger,un trastorno moi frecuente e ao mesmo tempo descoñecida para a maior parte da xente.
Dentro duns días poderemos concretar a data e a hora desta conferencia e daremos información sobre a persoa que a impartirá.
![]() |
| Un dos moitos libros recomendables á hora de saber máis sobre esta síndrome |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











