Mostrando entradas con la etiqueta Informática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Informática. Mostrar todas las entradas

Informática para pais e nais 6

Moitos pais e nais, preocupados polo tema do control parental dos ordenadores, preguntáronme como configurar Windows 10 para que sexa seguro e que os seus fillos podan navegar pola red sen atopar ningún susto. Facer isto non é difícil, só é necesario un momentiño. Igual que sucedía con versións anteriores de Windows, pódese facer unha conta de Administrador e partir dela crear unha conta para cada neno (ou para outros Usuarios). Deste xeito, podemos decidir que lles aparecerá no escritorio cando entran, que programas terán instalados e poderán usar, e incluso, a que páxinas poderá acceder e a cales non.
Como isto non é doado explicalo simplemente escribindo, aquí tedes un vídeo que o explica dunha forma moi sinxela. 
Sabedes tamén, que se vos xorden dúbidas podedes escribirnos e preguntarnos premendo na pestaña "As vosas preguntas". Será un pracer contestarvos.



COMO CONFIGURAR WINDOWS 10
PARA QUE O TEU FILLO NAVEGUE SEGURO
(E TI NON LEVES NINGÚN SUSTO)




Informática para pais e nais 5


Como bloquear páxinas web de contido adulto para os nenos

internet pode ser unha ferramenta moi útil mais tamén unha porta aberta para a pornografía. Imos explicar como bloquear páxinas web de contido adulto. 
O que imos facer é cambiar a DNS primaria por unha destas dúas:

208.67.222.123 
208.67.220.123

Pasos para cambiar as DNS

1.- "Inicio" - "Panel de control"


2.- "Centro de redes e recursos compartidos".



3.- Seleccionamos a conexión que utilizamos.




4.- Clic a "Propiedades".



5.- Doble clic a "Protocolo de Internet versión 4".



6.- Clic a "Usar as seguintes direccioóns de DNS" e escribimos as DNS tal e como están na imaxe de debaixo. Unha vez feito isto clic a aceptar.



Unha vez realizados os anteriores pasos correctamente, debería estar a protección posta. Para comprobar que o fixemos ben ao entrar nunha páxina pornográfica debería saírnos a seguinte mensaxe.



Informática para pais e nais 4


Como bloquear a túa táblet ou móbil para os nenos
·     
Google aumentou as medidas de control parental para Android ao longo dos anos. Podes darlle a un neno o seu propio perfil limitado, bloquear o acceso a unha aplicación en específico ou restrinxir que páxinas web poden usar os teus fillos.
Dependendo da versión de Android que uses e do fabricante, pode que teñas estas opcións ou que sexan algo diferentes.
 Restrinxir o acceso a unha aplicación
Se o teu dispositivo ten Android 5.0 Lollipop ou unha versión máis nova, podes fixar con un "pin" calquera aplicación para que se manteña aberta no teu móbil ou táblet. Logo podes entregarlle este dispositivo Android a un neno e este non poderá saír desta aplicación ata que ti introduzas o PIN.
Isto significa que poderías abrir un xogo, fixalo e logo darlle o dispositivo ao neno para que xogue porque podes estar seguro de que o teu fillo non poderá facer estragos no teu correo ou acceder a contigo inapropiado para a súa idade.
Para usar esta función, necesitarás abrir a pantalla de "Configuracións", seleccionar "Seguridade" e activar "Fixar á pantalla" baixo a sección "Avanzado". Configura Android para que solicite un PIN ou patrón de desbloqueo antes de liberarar a aplicación. Seguidamente, abre a aplicación que desexar fixar, presiona o botón de "Vista xeral" para que apareza na lista das aplicacións abertas e selecciona o icono dun pin na esquina inferior dereita da aplicación que desexas fixar.

Configurar un perfil limitado nunha táblet
Android ofrece perfiles limitados, unha característica que apareceu na versión 4.3. Os perfiles restrinxidos só están disponibles nas táblets. Cun perfil restringxido, podes crear unha conta de usuario especial que só teña acceso a aplicacións específicas e ao contido que permitas.
(Google agregou a opción múltiples contas de usuarios en Android 4.2, pero só para as táblets. A partir de Android 5.0 Lollipop, a opción de múltiples cpntas de usuarios tamén se inclúe nos móbiles. Sen embargo, os perfiles limitados aínda permanecen só disponibles para as táblets.)
Para crear un perfil limitado, diríxete á pantalla de Configuracións, preme Usuarios, logo Agregar Usuario e por último preme Perfil Limitado. Seguidamente podes bloquear o perfil e cambiar entre o perfil restringido e a conta de usuario principal dende a pantalla de bloqueo. (Acceder á conta de usuario principal requerirá introducir to teu PIN ou calquera outro método de seguridade que utilices.)
En teoría, os perfiles limitados permiten bloquear o acceso a contido específico dentro dalgunhas aplicacións. Na práctica, os desarrolladores de aplicacións aínda teñen que implementalo. Na súa maioría, o que poderás facer é escoller a que aplicacións instaladas no teu dispositivo pode acceder o neno ou a nena.

Configurar o filtro web
Desafortunadamente, a función do perfil restrinxido de Android non ofrece unha forma de restrinxir o acceso a contido adulto a través de Google Chrome ou outros navegadores.
Se queres facer isto, tes 2 opcións. Poderías visitar Google Play no teu dispositivo Android e instalar un control parental ou aplicación de filtrado de web. Ou, si o dispositivo Android só usará a túa rede Wi-Fi para acceder a internet, poderías configurar controis parentais no teu router. Se o teu router non ofrece esta función, poderias cambiar o teu servidor DNS a OpenDNS e usar os seus controis parentais. (Na vindeira entrada explicaremos como facelo).
Recomendámosche usar OpenDNS e o seu control parental se é posible, xa que moitas aplicacións de filtrado web de Android parecen non funcionar moi ben. Tamén pode que requiran suscripcións de pago.


Controis Parentais de Google Play
A tenda Google Play ten a súa propia función de control parentalPara acceder a ela, abre Google Play nun dispositivo, preme o botón de Menú, logo Configuracións  e selecciona Control Parental. Establece un PIN especial de control parental aquí e podes seleccionar as restriccioóns de idade para os tipos de aplicacións, películas, vídeos e música que poden descargarse.Calquera que use o dispositivo non poderá descargar ou mercar este tipo de contido sen o PIN.  
Outras aplicacións de Control Parental
Debido á flexibilidade de Android, a tenda Google Play está repleta de aplicacións de “control parental” que ofrecen algún grao de funcións de bloqueo. Estas permitirante configurar un iniciador de aplicacións que só poda iniciar aplicacións aprobadas para nenos, por exemplo. Esto non debería ser necesario se tes acceso á función de perfiles restrinxidos. Se tes acceso á función de control parental integrada en Android, a razón principal para instalar unha aplicación separada á para restrinxir o acceso a determinadas páxinas web. 

Informática para pais e nais 3

Internet é unha gran ferramenta de información, de comunicación e de libertade. Non é cuestión de privar aos nosos fillos desta ferramenta tan útil na vida moderna. Sen embargo, é necesario tomar certas precaucións no que concerne ao seu uso, xa que unha utilización demasiado inxenua pode amosar efectos moi negativos.
Na seguinte páxina atoparedes información sobre os riscos e as medidas de prevención que podemos tomar como pais e nais.

Preme na imaxe para ir á páxina:





Informática para pais e nais 2

A Guardia Civil, a través do seu Grupo de Delitos Telemáticos, pon á nosa disposición un libro gratuito co curioso título: X1Red+Segura Informando y Educando V1.0!
Este libro pretende conciencia a todos os usuarios de internet, especialmente aos que non dispoñen de coñecementos técnicos, dos riscos e ameazas que na Rede nos agardan. Coñecer os perigos e saber que as súas consecuencias atravesan os monitores e pantallas permitirán que todos gocemos de Internet de forma moito máis segura, aproveitando as infinitas bondades que as novas tecnoloxías nos aportan. 
Neste libro, descubriredes as orixes de Internet e os servizos que nos ofrece, así como os principais riscos aos que todo internauta se enfronta, dende os engaños máis burdos ata as técnicas máis depuradas de Inxeniería Social utilizadas polos ciberdelincuentes. No mesmo, ademais, faise especial fincapé nos riscos sufridos polos menores na rede.

Podedes descargar este libro de balde en tres formatos: pdf, epub e mobi.

Para descargar este libro, preme na súa portada:
(na páxina da DGT só terás que elixir o formato que che interesa)




Informática para pais e nais

Falando con algún pais e nais do cole decátome de que unha das cousas que máis lles preocupa é o acceso que teñen agora os nenos e nenas a internet. Isto proporciónalle moitas ferramentas para a súa educación e para o seu entretemento, pero tamén pode ser a porta de moitos problemas.
A responsabilidade é nosa, dos pais e titores, porque eles non son conscientes dos perigos que leva un acceso sen control ás páxinas web ou a certas ferramentas informáticas (Skype, por exemplo).

Para protexer aos noso fillos, tal e como faríamos na vida real, cómpre ter un pouco de sentido común. Moitas das cousas que non lles deixaríamos facer na rúa, permitímosllo a través dunha pantalla de ordenador.
Para comezar, aquí temos uns consellos:
  • Fala cos teus fillos dos perigos de internet. É necesario sentar con eles e falar sobre noticias que se publican con frecuencia nos medios de comunicación sobre estes temas, sobre algunhas das leis que rexen a protección de datos, e dos perigos que poden xurdir do uso indebido de internet. Non se trata de asustalo. Trátase de informar, de que coñezan.
  • Márcalle normas claras sobre o uso de internet: o tempo de uso, as páxinas nas que pode buscar información ou entretemento… O uso de internet, ou dos móbiles e tablets non pode marcar os seus horarios. É doado caer no abuso.
  • É preferible que o ordenador non estea no seu cuarto. Resulta fácil decatarse de que alí o seu control por parte nosa é moito máis difícil.
  • As redes sociais teñen unha idade para comezar a usarse, idade marcada pola lei. Explícalle que aínda que algún dos seus amigos e amigas usen este tipo de redes, non é bo que el ou ela o faga. O uso das redes sociais implica unha grande responsabilidade. “Subir fotos” a internet non é algo que podamos facer sen pensar. As consecuencias poden ser graves.
  • Dalle a túa confianza pero sobre todo moita comunicación. Falar con el ou con ela será a clave para que comece a facer un uso axeitado de internet. Cóntalle de que todo o que fagamos pola rede queda rexistrado. E un delito é delito na vida real e tamén no mundo virtual. E o anonimato en internet non existe.
  • Infórmate sobre cyberbulling, sexting, grooming… cómpre que coñezas ben cales son os problemas que pode acarrear un uso indebido da rede para logo transmitirllo ao teu fillo ou filla.
  • Por último, ensínalle todo o rendemento que lle pode sacar a internet, todas as cousas boas que ten. Axúdalle a manexar as ferramentas informáticas que lle farán a vida máis cómoda.