Super Char é un cómic que promove DOWN ESPAÑA para que coñezamos mellor as características das persoas con esta síndrome e coñezamos tamén os seus dereitos. En definitiva, para integrar e sensibilizar.
Para ver, preme na imaxe:
Mostrando entradas con la etiqueta Síndrome de Down. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Síndrome de Down. Mostrar todas las entradas
Síndrome de Down
Hoxe
queremos presentarvos unha páxina web tremendamente interesante:
http://www.mihijodown.com/
A síndrome de Down é unha alteración xenética que se produce
pola presenza dun cromosoma extra (o cromosoma é a estrutura que contén o ADN)
ou unha parte del.
As células do corpo humano teñen 46 cromosomas
distribuídos en 23 pares. Un destes pares determina o sexo do individuo, os
outros 22 se numeran do 1 ao 22 en función do seu tamaño decrecente. As persoas
con síndrome de Down teñen tres cromosomas no par 21 en lugar dos dous que
existen habitualmente; por iso, esta síndrome tamén se coñece como trisomía 21.
A síndrome de Down non é unha enfermidade. O efecto que a presenza desta alteración produce en cada
persoa é moi variable. O que si podemos afirmar é que unha persoa con síndrome
de Down terá algún grado de discapacidad intelectual e mostrará algunhas
características típicas desta síndrome.
As persoas con síndrome de Down mostran algunhas características comúns pero cada individuo é singular, cunha aparencia, personalidade e habilidades únicas.
As persoas con síndrome de Down mostran algunhas características comúns pero cada individuo é singular, cunha aparencia, personalidade e habilidades únicas.
Esta páxina web ofrece información aos pais e familiares de
nenos con síndrome de Down, e nela atoparedes, por exemplo, guías ou folletos
como os que poñemos a vosa disposición aquí. Documentos elaborados por DOWN
ESPAÑA, en colaboración coa FUNDACIÓN MAPFRE.
Preme nas imaxes:
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)










