Mostrando entradas con la etiqueta Cursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cursos. Mostrar todas las entradas

Curso de Intelixencia Emocional para nenos e adolescentes

A Intelixencia Emocional é a capacidade para percibir as emocións tanto nun mesmo como nos demais, de comprender por que se produciron e ser capaz de regulalas. As persoas emocionalmente intelixentes extraen o mellor de si mesmas: alcanzan o seu máximo potencial, gozan de maior benestar físico e psicolóxico, e multiplican as súas posibilidades de alcanzar os seus obxectivos.

BBVA, en colaboración con Santillana e o diario El País, poñen a nosa disposición este fantástico curso para nenos e adolescentes, cunha versión no que os pais e as nais podemos facer os exercicios propostos cos nosos fillos.

Neste curso gratuíto atoparedes todas as ferramentas necesarias: vídeos de máxima calidade para seguir o método, guías con información teórica e práctica, e tamén material descargable.

Silvia Álava Sordo e Ruth Castillo Gualda, doutoras en Psicoloxía, son as encargadas de dirixir o curso. Xuntas diseñárono co obxectivo de ofrecer as ferramentas necesarias para entrenar, paso a paso, as habilidades da intelixencia emocional.

Para entrar neste curso, preme na imaxe:


Curso de Primeiros Auxilios de bebés e nenos

Hoxe rematou o curso oficial de primeiros auxilios que a ANPA impartiu a 16 pais e nais.
Dende aquí queremos darvos as grazas polo interese e pola participación que demostrastres, e o esforzo de vir dous días ás tres da tarde.
Grazas tamén á Escola de Pais e ao Colexio Divino Salvador por permitirnos e apoiar esta iniciativa.
Esperamos que vos gustara.
Lembrade que os títulos terédelos en xuño.

Asinado: ANPA