Pronto... volta ás aulas

O verán segue o seu camiño e axiña chegará setembro e o comezo das clases. Un curso máis. O máxico momento de regresar á rutina e de volver atoparnos cos amigos. Será un curso longo no que viviremos momentos intensos e no que continuaremos aprendendo unha morea de cousas.

Seguro que ti tamén xa vas tendo ganas de comezar. Nuns días... novo curso. E pola nosa parte seguimos contando contigo para esta Escola de Pais.




Nota: Como na foto, para moitos en setembro tamén comeza o seu descanso. ; )