A mellor extraescolar


A psicóloga clínica Alicia Bandeiras leva máis de 20 anos traballando con nenos e adolescentes en proxectos de educación. A súa contribución á divulgación da psicología na sociedade foi recoñecida durante tres edicións consecutivas polo Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid con galardóns como o Premio de Xornalismo de Televisión. Autora dos libros, “Pequeños tiranos”, “Hijos felices” e “Niños sobreestimulados””, Bandeiras aposta por respectar o ritmo de aprendizaxe dos pícaros fronte ao exceso de actividades extraescolares. A psicóloga describe unha xeración de familias tensas que intentan que os seus fillos non se queden atrás nunha competición por ser mellores e defende os momentos de xogo e lecer en familia como un estupendo vehículo para a educación en valores. “En consulta, antes os nenos dicíanme que querían que os seus pais pasasen máis tempo en casa. Agora son eles quen piden estar máis en casa e non en tantas extraescolares”, conclúe.


Para ver o vídeo preme na imaxe: