Míriam Tirado
Coa maternidad recentemente estreada e a premisa simple de que pais e nais
queren o mellor para os seus fillos, Míriam Tirado comezou a escribir un blog
sobre maternidade, paternidade e crianza. Desde isto pasou unha década. Hoxe, a
bitácora conta con máis de mil entradas e ela converteuse nun referente da
crianza consciente e respectuosa en España.
Licenciada en Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona e tras
case tres lustros como redactora de informativos radiofónicos, Míriam Tirado
decidiu cambiar de rumbo. Formouse como “Conscious Parenting Coach” coa
psicóloga Shefali Tsabary, e apostou pola divulgación educativa, cuestionando o
modelo tradicional de crianza. “Hai outra forma de criar aos fillos desde a
conexión, a consciencia e o respecto”, asegura Tirado. A tamén escritora, é
autora de contos infantís de xestión das emocións como os supervendas “Tengo un
volcán” ou “El hilo invisible”. Ademais, escribiu varios libros dirixidos a
pais e nais – “Rabietas” ou “Maternidad a flor de piel” - e acaba de publicar a
súa primeira obra de ficción para adultos: “Removidas”
Desde o humor e o sentido común, Míriam Tirado fala de asertividade,
emocións, comunicación ou límites. No seu traballo, pon o foco na consciencia
dos proxenitores e non no comportamento dos fillos. “Educar de xeito consciente
é un acto revolucionario”, asegura. Para o cambio de paradigma, Tirado ofrece
pautas e consellos de gran utilidade, pero advirte: “criar de xeito respectuosa
require de esforzo e grandes doses de paciencia”.
Estes vídeos pertencen á colección da Fundación BBVA en colaboración co xornal ElPaís.
Para velos, simplemente preme na imaxe: