Esta tarde, a do mércores 9 de novembro de 2022, tivo lugar a charla prevista que foi impartida por María Novelle sobre "Normas e Límites". Participaron moitos pais e nais nesta charla que tivo lugar de forma online a través de Meet. Algo bo que teñen as novas tecnoloxías, entre outras cousas, é que permiten que celebremos un foro coma este dende a comodidade dos nosos fogares.
A charla foi moi interesante e puidemos aprender a necesidade de poñer límites aos cativos da casa. É importante que, dende pequenos, lles ensinemos unhas normas que fagan máis doada a convivencia. Tamén falou María da negociación cos nosos fillos e fillas, e da importancia da comunicación.
Á volta das vacacións de Nadal teremos outra charla da Escola de Pais que agardamos volva a ser tan interesante.