De novo, unha boa charla

María Novelle estivo con nós para falarnos dos perigos (e tamén das virtudes) das novas tecnoloxías. Os móbiles, internet, as redes sociais ou os videoxogos son elementos da vida cotiá dos nosos fillos dende unha idade temperá, aínda que os seus efectos fanse notar máis na adolescencia. As familias temos a responsabilidade de axudalos a xestionar o seu tempo, sobre todo cando falamos do uso das pantallas. Ás veces, este tempo deriva nun abuso e pode xerar grandes problemas. De todo iso falounos María nunha charla rigurosa e amena, á que asistiron un par de ducias de pais e nais.

Dende o cole, seguiremos preocupándonos destes temas e esforzándonos en axudarvos na crianza dos vosos fillos e fillas.