A
Intelixencia Emocional é a capacidade para percibir as emocións tanto nun mesmo
como nos demais, de comprender por que se produciron e ser capaz de regulalas.
As persoas emocionalmente intelixentes extraen o mellor de si mesmas: alcanzan
o seu máximo potencial, gozan de maior benestar físico e psicolóxico, e
multiplican as súas posibilidades de alcanzar os seus obxectivos.
BBVA, en colaboración con Santillana e o diario El País, poñen a nosa disposición este fantástico curso para nenos e adolescentes, cunha versión no que os pais e as nais podemos facer os exercicios propostos cos nosos fillos.
Neste curso gratuíto atoparedes todas as ferramentas necesarias: vídeos de máxima calidade para seguir o método, guías con información teórica e práctica, e tamén material descargable.
Silvia Álava Sordo e Ruth Castillo Gualda, doutoras en
Psicoloxía, son as encargadas de dirixir o curso. Xuntas diseñárono co obxectivo de ofrecer as ferramentas necesarias para entrenar, paso a paso, as habilidades da intelixencia emocional.
Para entrar neste curso, preme na imaxe: