Hoxe
queremos presentarvos unha páxina web tremendamente interesante:
http://www.mihijodown.com/
A síndrome de Down é unha alteración xenética que se produce
pola presenza dun cromosoma extra (o cromosoma é a estrutura que contén o ADN)
ou unha parte del.
As células do corpo humano teñen 46 cromosomas
distribuídos en 23 pares. Un destes pares determina o sexo do individuo, os
outros 22 se numeran do 1 ao 22 en función do seu tamaño decrecente. As persoas
con síndrome de Down teñen tres cromosomas no par 21 en lugar dos dous que
existen habitualmente; por iso, esta síndrome tamén se coñece como trisomía 21.
A síndrome de Down non é unha enfermidade. O efecto que a presenza desta alteración produce en cada
persoa é moi variable. O que si podemos afirmar é que unha persoa con síndrome
de Down terá algún grado de discapacidad intelectual e mostrará algunhas
características típicas desta síndrome.
As persoas con síndrome de Down mostran algunhas características comúns pero cada individuo é singular, cunha aparencia, personalidade e habilidades únicas.
As persoas con síndrome de Down mostran algunhas características comúns pero cada individuo é singular, cunha aparencia, personalidade e habilidades únicas.
Esta páxina web ofrece información aos pais e familiares de
nenos con síndrome de Down, e nela atoparedes, por exemplo, guías ou folletos
como os que poñemos a vosa disposición aquí. Documentos elaborados por DOWN
ESPAÑA, en colaboración coa FUNDACIÓN MAPFRE.
Preme nas imaxes: