Lembra...

Republicado con autorización da FUNDACIÓN MAPFRE


Republicado con autorización da FUNDACIÓN MAPFRE


Xogamos todos

Texto: Julia San Miguel
Ilustracións de Avi

Republicado con autorización da FUNDACIÓN MAPFRE


Libro para nenos en castelán e galego, con actividades finais.

A mellora da saúde e a contribución á prevención de gran número de enfermidades é unha labor na que temos que colaborar todos.
É importante que, ao mesmo tempo que nos divertimos lendo este conto, reflexionemos sobre os alimentos que debemos comer a diario para estar sanos e os que tan só deberíamos tomar de forma excepcional. Pero, sobre todo, debemos pensar no importante que é realizar unha actividade física e elixir a que máis se adapte a nosas preferencias e habilidades, así como a cada etapa da nosa vida. Nunca é tarde para empezar. (Estrategia NAOS).

Pero non penses que a actividade física é únicamente practicar deporte. Na vida cotiá hai tamén que acostumarse a dar pequenos pasos saudables, como subir e baixar escaleras, camiñar, etc.

Para ler ou descargar, preme nas imaxes:





Encolleu o xersei?

Texto: Julia San Miguel
Ilustracións de Margarita Menéndez

Republicado con autorización da FUNDACIÓN MAPFRE


Libro para nenos en castelán e galego, con actividades finais.

O libro titulado Encolleu o xersei? forma parte do proxecto VIVIR EN Saúde, organizado por FUNDACIÓN MAPFRE coa colaboración de FUNDACIÓN DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE (FUNDADEPS) do Hospital Clínico San Carlos de Madrid.

Os pictogramas son ilustracións intercaladas no conto que representan unha palabra. Mentres o adulto le, o neno estará atento á lectura para “ler” o pictograma.
Este sistema de lectura está pensado para que o neno que aínda non sabe ler, ou cuxo nivel lector é aínda inicial, siga o conto grazas aos pictogramas.

Ao mesmo tempo que vos divertides lendo, reflexionaredes xuntos sobre que alimentos se deben comer a diario para estar sans e os que tan só se poden tomar de maneira excepcional.

Para ler ou descargar, preme nas imaxes:




Un xigante na cuadrilla

Republicado con autorización da FUNDACIÓN MAPFRE


Cómic para nenos en castelán e galego

O cómic, Marcos en apuros, forma parte do proxecto VIVIR EN SAÚDE; coordinado pola FUNDACIÓN MAPFRE coa colaboración de diversas entidades educativas como: Fundación Santa María (Editorial SM), así como outras entidades como FUNDADEPS, Kidekom e AMEP (Asociación Madrileña de Adestradores Persoais).

VIVIR EN SAÚDE nace coa intención de ser un estímulo á hora de reflexionar sobre a saúde, proporcionando actuacións relacionadas coa alimentación sa e a actividade física que repercutan de forma directa nos estilos de vida e nun desenvolvemento saudable da contorna social, familiar e laboral, mellorando a nosa calidade de vida.

Para descargalos, preme nas imaxes:



Marcos en apuros

Republicado con autorización da FUNDACIÓN MAPFRE


Cómic para adolescentes en castelán e galego.

O cómic, Marcos en apuros, forma parte do proxecto VIVIR EN SAÚDE; coordinado pola FUNDACIÓN MAPFRE coa colaboración de diversas entidades educativas como: Fundación Santa María (Editorial SM), así como outras entidades como FUNDADEPS, Kidekom e AMEP (Asociación Madrileña de Adestradores Persoais).

VIVIR EN SAÚDE nace coa intención de ser un estímulo á hora de reflexionar sobre a saúde, proporcionando actuacións relacionadas coa alimentación sa e a actividade física que repercutan de forma directa nos estilos de vida e nun desenvolvemento saudable da contorna social, familiar e laboral, mellorando a nosa calidade de vida.

Para descargalos, preme nas imaxes:



Tempo de resposta

Elaboración de contido: Profesora Lecina Fernández Moreno

Republicado con autorización da FUNDACIÓN MAPFRE


TEMPO DE RESPOSTAS, é unha guía para a acción, que trata os trastornos da conduta alimentaria, anorexia, bulimia e obesidad. Forma parte do proxecto VIVIR EN SAÚDE que FUNDACIÓN MAPFRE impulsa coa intención de ser un estímulo para a sociedade á hora de reflexionar sobre a saúde, propiciando accións que repercutan de forma directa nos estilos de vida e nun desenvolvemento saudable da contorna social, familiar e laboral.
Entre outras actuacións, relacionadas coa alimentación, VIVIR EN SAÚDE presenta a guía TEMPO DE RESPOSTAS co obxectivo de axudar e apoiar a profesores, monitores, nais e pais, é dicir, aos mentores sobre os trastornos da conduta alimentaria.

FUNDACIÓN MAPFRE propón máis que informar aos adolescentes, sobre os aspectos negativos, insistir na información sobre os aspectos desencadenantes da enfermidade, axudar a detectar precozmente os trastornos e proporcionar ferramentas de prevención.

Para ler ou descargar, preme na imaxe:


Vivir en saúde

Autores: Borja Abad Galzacorta,  Marina Barba Muñiz e David Cañada López

Republicado con autorización da FUNDACIÓN MAPFRE



A campaña Vivir en Saúde de FUNDACIÓN MAPFRE nace coa intención de ser un estímulo para todos nós á hora de reflexionar sobre a nosa propia saúde, propiciando actuacións que repercutan de forma directa nos nosos estilos de vida e no desenvolvemento saudable da contorna social, familiar e laboral.
Cuestións como a obesidade, unha alimentación desequilibrada, o sedentarismo e as enfermidades cardiovasculares entre outras, suscítannos novos retos que debemos afrontar desenvolvendo intervencións novedosas. O papel da familia é fundamental na educación dos fillos; sen a súa colaboración e participación é difícil avanzar.

Vivir en Saúde desenvolve unha serie de acción e materiais relacionados coa alimentación sa e a actividade física, co obxectivo de axudar a unha mellora da calidade de vida da sociedade actual.

Para ler ou descargar, preme na imaxe:



Desenvolvemento de condutas responsables de 3 a 12 anos

Autoría: M.ª Asunción Fernández Díaz,  José Luis Idoate Iribarren, M.ª Carmen Izal Mariñoso e Irene Labarta Calvo
Guía editada polo Goberno de Navarra (Departamento de Educación e Cultura)

Non se trata dun manual de consulta nin tampouco dun mero punto de referencia para comparar o desenvolvemento do noso fillo ou filla con datos estatísticos. Ademais disto, pretende servir como instrumento de análise e reflexión tanto para pais e nais como para fillos e fillas no proceso de adquisición de condutas responsables.


Para ler ou descargar, preme na imaxe:


Axudemos aos nenos a medrar ben

Non hai solucións fáciles para o traballo complexo que implica educar a un fillo. Non hai receitas, nin se pode aplicar unha mesma resposta a todas as familias. Por iso, esta guía non pretende darlles a fórmula para ser mellores pais, senón a información necesaria para que cada un de vostedes poida tomar as mellores decisións posibles.
Guía editada por UNICEF.


Para ler ou descargar, preme na imaxe:


Guía de consellos para pais

Estupenda guía editada por www.superpadres.com, que fala de educación, de familia, de obxectivos… aporta unha información clara e rigurosa, e sobre todo práctica, sobre a tarefa educativa e sobre os problemas que irán aparecendo no camiño ao longo dos anos. Unha lectura necesaria para aclarar todos os puntos relativos a crianza dos nosos fillos.


Para ler ou descargar, preme na imaxe:


Os nenos e nenas de 4 a 10 anos

Esta guía está dirixida a familias con nenos e nenas entre 4 e 10 anos.

Educar aos nenos non é tarefa doada. Nesta guía atoparemos algunhas ferramentas para axudarnos nesta labor.
Editada polo Goberno de Chile e UNICEF


Para ler ou descargar, preme na imaxe: