Os perigos de internet

Internet é para os nosos fillos un mundo cheo de posibilidades, pero tamén pode ser unha fonte de problemas e de riscos. É posible que os nenos acaben caendo en páxinas de pornografía ou sendo acosados sexualmente de forma accidental pola súa parte.
Para evitar isto, os pais debemos estar atentos ás páxinas polas que navegan e aos contidos que acceden. Dalgún xeito debemos protexelos dos perigos que entraña internet, do mesmo xeito que o facemos no mundo real.
Existen moitos programas de control parental para que podamos ter ese control sobre a súa navegación pola rede. Neste caso, imos recomendarvos un en concreto por diversos motivos:  porque é sinxelo de usar, porque é gratuíto e porque ofrece un monitoreo e control sobre as actividades dos nosos fillos en internet axeitado para o labor do que falamos.


Premendo nas seguintes imaxes, accédese á páxina do programa desde onde poder descargalo, e tamén ao seu manual de uso en castelán, (non é o manual propiamente, que podedes atopar na seguinte dirección: http://es.scribd.com/doc/4454435/manual-de-k9 , pero é unha forma doada de instalar e usar o programa).