Como bloquear a túa táblet ou móbil para os nenos
·
Google aumentou as medidas de control parental para Android ao longo dos anos. Podes darlle a un neno o seu propio perfil limitado, bloquear o acceso a unha aplicación en específico ou restrinxir que páxinas web poden usar os teus fillos.
Dependendo da versión de Android que uses e do fabricante, pode que teñas estas opcións ou que sexan algo diferentes.
Restrinxir o acceso a unha aplicación
Se o teu dispositivo
ten Android 5.0 Lollipop ou unha versión máis nova, podes fixar con un "pin" calquera aplicación para que se manteña aberta no teu móbil ou táblet. Logo podes entregarlle este dispositivo Android a un neno e este non poderá saír desta aplicación ata que ti introduzas o PIN.
Isto significa que poderías abrir un xogo, fixalo e logo darlle o dispositivo ao neno para que xogue porque podes estar seguro de que o teu fillo non poderá facer estragos no teu correo ou acceder a contigo inapropiado para a súa idade.
Para usar esta función, necesitarás abrir a pantalla de "Configuracións", seleccionar "Seguridade" e activar "Fixar á pantalla" baixo a sección "Avanzado". Configura Android para que solicite un PIN ou patrón de desbloqueo antes de liberarar a aplicación. Seguidamente, abre a aplicación que desexar fixar, presiona o botón de "Vista xeral" para que apareza na lista das aplicacións abertas e selecciona o icono dun pin na esquina inferior dereita da aplicación que desexas fixar.
Configurar un perfil limitado nunha táblet
Android ofrece
perfiles limitados, unha característica que apareceu na versión 4.3. Os perfiles restrinxidos só están disponibles nas táblets. Cun
perfil restringxido, podes crear unha conta de usuario especial que só teña
acceso a aplicacións específicas e ao contido que permitas.
(Google agregou a
opción múltiples contas de usuarios en Android 4.2, pero só para as táblets. A partir de Android 5.0 Lollipop, a opción de múltiples cpntas de
usuarios tamén se inclúe nos móbiles. Sen embargo, os perfiles
limitados aínda permanecen só disponibles para as táblets.)
Para crear un perfil
limitado, diríxete á pantalla de Configuracións, preme Usuarios, logo
Agregar Usuario e por último preme Perfil Limitado. Seguidamente podes
bloquear o perfil e cambiar entre o perfil restringido e a conta de usuario
principal dende a pantalla de bloqueo. (Acceder á conta de usuario
principal requerirá introducir to teu PIN ou calquera outro método de seguridade que
utilices.)
En teoría, os
perfiles limitados permiten bloquear o acceso a contido específico dentro dalgunhas aplicacións. Na práctica, os desarrolladores de aplicacións aínda teñen que implementalo. Na súa maioría, o que poderás facer é escoller
a que aplicacións instaladas no teu dispositivo pode acceder o neno ou a nena.
Configurar o filtro web
Desafortunadamente, a
función do perfil restrinxido de Android non ofrece unha forma de restrinxir o acceso a contido adulto a través de Google Chrome ou outros navegadores.
Se queres facer isto,
tes 2 opcións. Poderías visitar Google Play no teu dispositivo
Android e instalar un control parental ou aplicación de filtrado de web. Ou,
si o dispositivo Android só usará a túa rede Wi-Fi para acceder a
internet, poderías configurar controis parentais no teu router. Se o teu router non ofrece esta función, poderias cambiar o teu servidor DNS a OpenDNS e
usar os seus controis parentais. (Na vindeira entrada explicaremos como facelo).
Recomendámosche usar
OpenDNS e o seu control parental se é posible, xa que moitas aplicacións de
filtrado web de Android parecen non funcionar moi ben. Tamén pode que
requiran suscripcións de pago.
Controis Parentais de Google Play
A tenda Google Play
ten a súa propia función de control parental. Para acceder a ela, abre Google Play nun dispositivo, preme o botón de Menú, logo Configuracións e selecciona
Control Parental. Establece un PIN especial de control parental aquí e podes
seleccionar as restriccioóns de idade para os tipos de aplicacións, películas, vídeos e música que poden descargarse.Calquera que use o dispositivo non poderá descargar ou mercar este tipo de contido sen o PIN.
Outras aplicacións de Control Parental
Debido á
flexibilidade de Android, a tenda Google Play está repleta de aplicacións de
“control parental” que ofrecen algún grao de funcións de bloqueo. Estas permitirante configurar un iniciador de aplicacións que só poda iniciar
aplicacións aprobadas para nenos, por exemplo. Esto non debería ser necesario
se tes acceso á función de perfiles restrinxidos. Se tes
acceso á función de control parental integrada en Android, a razón
principal para instalar unha aplicación separada á para restrinxir o acceso a
determinadas páxinas web.