De novo, unha boa charla

María Novelle estivo con nós para falarnos dos perigos (e tamén das virtudes) das novas tecnoloxías. Os móbiles, internet, as redes sociais ou os videoxogos son elementos da vida cotiá dos nosos fillos dende unha idade temperá, aínda que os seus efectos fanse notar máis na adolescencia. As familias temos a responsabilidade de axudalos a xestionar o seu tempo, sobre todo cando falamos do uso das pantallas. Ás veces, este tempo deriva nun abuso e pode xerar grandes problemas. De todo iso falounos María nunha charla rigurosa e amena, á que asistiron un par de ducias de pais e nais.

Dende o cole, seguiremos preocupándonos destes temas e esforzándonos en axudarvos na crianza dos vosos fillos e fillas.

























Charla "Adolescentes tecnoloxicamente sans"

O vindeiro mércores 15 de marzo teremos unha nova charla na nosa Escola de Pais. María Novelle falaranos dos perigos das novas tecnoloxías para os nosos fillos e como poñer límites ao seu uso para evitalos.

Será unha charla online á que todos/as estades convidados. 




María Novelle imparte a charla "Normas e Límites"

Esta tarde, a do mércores 9 de novembro de 2022, tivo lugar a charla prevista que foi impartida por María Novelle sobre "Normas e Límites". Participaron moitos pais e nais nesta charla que tivo lugar de forma online a través de Meet. Algo bo que teñen as novas tecnoloxías, entre outras cousas, é que permiten que celebremos un foro coma este dende a comodidade dos nosos fogares. 



A charla foi  moi interesante e puidemos aprender a necesidade de poñer límites aos cativos da casa. É importante que, dende pequenos, lles ensinemos unhas normas que fagan máis doada a convivencia. Tamén falou María da negociación cos nosos fillos e fillas, e da importancia da comunicación.

Á volta das vacacións de Nadal teremos outra charla da Escola de Pais que agardamos volva a ser tan interesante.





















Charla Normas e Límites

O vindeiro mércores 9 de novembro, de 3,15 a 16,30, terá lugar unha nova charla da nosa Escola de Pais. Esta charla será online e terá como título: "Normas e límites". Será impartida por María Novelle (pedagoga), e está especialmente indicada a nais e pais de Ed. Infantil e Primaria.

Gustaríanos moito contar convosco.

"Todos os nenos necesitan pautas, normas, límites. É un erro non poñerllos, como é un erro pensar que vaia, que isto non é para tanto, e ceder para evitar males maiores. Isto é algo que vemos en moitos pais. Temos como ese mecanismo de defensa de dicir: «Bo, imos ceder». Non cedamos, non cedamos para evitar males maiores porque ás veces cometemos grandes erros. E tampouco fagamos que os fillos que se portan ben cedan en función dos seus irmáns. Non sacrifiquemos a uns porque case sempre sacrificas ao que mellor se porta, en función do outro que é o que ten maiores dificultades, o cal é unha gran inxustiza".

María Jesús Álava Reyes (máster en Psicoloxía Pedagóxica e Especialista en Psicodiagnóstico)




Adolescentes tecnoloxicamente sans

 Onte, mércores 16 de marzo, tivemos a charla sobre uso e abuso da tecnoloxía impartida por Cecilia Cardero (psicóloga). Foi unha charla moi amena e didáctica onde puidemos aprender a importancia de controlar os tempos que os nosos fillos pasan coa tablet ou co movil. Internet pode ser unha gran ferramenta pero cómpre que aprendan a usala coa nosa axuda.









Charla "Adolescentes tecnoloxicamente sans"

O vindeiro mércores 16 de marzo teremos unha nova charla na nosa Escola de Pais. Cecilia Cardero falaranos dos perigos das novas tecnoloxías para os nosos fillos e como poñer límites ao seu uso para evitalos.

Será unha charla online á que todos/as estades convidados.