María Pacín

O pasado martes 24 de febreiro a psicóloga María Pacín achegouse ao noso centro para impartir unha charla sobre "a síndrome de Asperger". Podemos dicir que a charla foi todo un éxito xa que asistiu numeroso público. María, directora de Litus Psicólogos e especialista en TEA (trastorno do espectro autista), debullou durante a súa intervención como decatarse desta síndrome cos seus síntomas e como tratar a estes rapaces e rapazas para que desarrollen todas as súas capacidades. Foi unha charla amena, interesante e rigurosa, e desexamos que noutra ocasión poda, de novo, achegarse ao noso cole para seguir profundizando neste e noutros temas.




María durante a súa intervención

Charla sobre Asperger