Marta Lloves

O pasado mércores 4 de Marzo achegouse ao noso centro, tal como fixera o curso pasado, Dna. Marta Lloves para impartir unha charla de título "Resolución de conflitos". Esta profesora de Primaria e Ed. Especial, terapeuta educativa e especialista en traballo con familias, tratou con rigurosidade e de forma amena a maneira de encauzar unha boa relación familiar. 
A charla, aberta aos pais e nais de Ed. Primaria e ESO, foi un éxito. Marta conseguiu conectar cos asistentes rapidamente e tivemos a oportunidade de aprender dela un montón de bos consellos que nos axudarán a educar aos nosos fillos para o día de mañá.



Dna Marta Lloves
"Resolución de conflitos"