Dentro dun par de meses volveremos a vernos no colexio. De momento feliz verán.
Por certo, poño aquí a folla con deberes que adxuntei coas notas da miña titoría. Se queredes facédeos, e xa veredes que verán inesquecible vos agarda.
Chegou
o verán…
Por
fin chegou o remate do curso, e con el o verán. Durante este curso
aprendiches un montón de cousas e agora chega o momento de
descansar. Iso si, pensabas que non terías deberes para estes meses
estivais? Pois claro que tes deberes. Tenta facelos, e xa verás como
á volta de verán comezas o novo curso con máis ganas.
tarefas:
-
Le moito, todo o que poidas. Converte o verán nunha aventura. Terás
tempo para todo e ler fará que goces máis destes meses.
-
Fai algunhas andainas en bici. Se aínda non sabes andar en bici,
este verán é o momento ideal para aprender.
-
Xoga moito e practica algún deporte, (non, de momento, ver a tele
non é un deporte).
-
Vai polo menos unha vez ao cine, e goza dunha película que che faga
rir ou chorar, ou as dúas.
-
Vai á praia. Aproveita para nadar e para construír un castelo de
area enooorme. E lembra que hai que tomar o sol con protección.
-
Mira a tele, algún programa que che guste, pero non moito. O verán
é tempo de estar cos amigos, coa familia, ao aire libre… moito
rato vendo a tele e non te decatarás que o verán pasa.
-
Por que non aproveitas para comezar un diario? Escribir un pouco cada
día fará que te expreses mellor e que mellores non só en lingua.
Escribir fainos felices.
-
Baila moito. Aínda que bailes fatal, (coma min), bailar danos
alegría.
-
Dille todos os días á xente que queres que os queres.
-
Repasa un pouquiño todo o que vimos ao longo do curso. 6º será un
curso fantástico e así comezarás con mellor pé.
-
Por último, e case como un resumo de todo o anterior… sé moi
feliz. Disfruta cada día.
Bo
verán,