Luz Rello: como detectar a dislexia

Luz Rello tiña un proxecto para axudar a xente con dislexia. Este proxecto valeulle o premio  European Young Researcher’s Award. Posteriormente foi seleccionada por MIT entre os Innovadores menores de 35 e gañou o premio na categoría de innovación social. Pouco despois obtiña unha beca en Carnegie Mellon para seguir investigando sobre a dislexia e foi nominada como “Ashoka Fellow”. Actualmente Luz lanzou Change Dyslexia tras desarrollar unha tecnoloxía que permite a detección temperá da dislexia. 
O seu software Dytective é unha ferramenta moi interesante para descubrir unha posible dislexia nos nosos fillos. Ela é a autora.

Aquí tedes unha entrevista con ela que paga a pena ler. Descubriredes unha muller excepcional e alguén que cre que certos valore están aínda por riba dos cartos.

Preme na súa imaxe (foto Julio Gonzalo)