O vindeiro xoves día 30 de novembro, ás 15:00 horas
terá lugar unha
nova charla da nosa Escola de Pais.
Marta
Lloves,
profesora de
Primaria e Ed. Especial, terapeuta educativa e especialista en traballo con
familias,
falará de:
“AUTOESTIMA”
A autoestima é o sentimento
valorativo do noso ser, do noso xeito de ser, de quen somos nós, do conxunto de
trazos corporais, mentais e espirituais que configuran a nosa personalidade.
Esta apréndese, cambia e podémola mellorar. É a partir dos 5-6 anos cando
empezamos a formarnos un concepto de como nos ven os nosos maiores (pais,
mestres), compañeiros, amigos, etcétera e as experiencias que imos adquirindo.
Cando un neno ten unha boa
autoestima, sábese valioso e competente. Entende que aprender é importante, co
cal non sentir diminuído cando necesita axuda. É responsable, comunícase ben e
é capaz de relacionarse adecuadamente con outros. Un neno con baixa autoestima
non confía en si mesmo e polo tanto tampouco nos demais. Adoita ser tímido,
hipercrítico, pouco creativo e en ocasións pode desenvolver condutas agresivas,
de risco e desafiantes. Isto provoca rexeitamento nos demais, o que á súa vez
repercute na súa autovaloración.
A esta charla están
invitados/as todos os pais e nais
de alumnos/as de Ed. Primaria e ESO