Noelia Romero: como mellorar a comunicación cos teus fillos

Onte, mércores 8 de novembro, tivemos a oportunidade de gozar da charla impartida por Noelia Romero (integradora social) sobre comunicación. Fixo un estupendo resumo de como mellorar a relación cos nosos fillos e conseguir que non só nos conten as súas cousas, senón tamén que nos escoiten.