Animámosvos a que vexades o seguinte vídeo. E que o
compartades cos vosos fillos adolescentes. Pódevos servir para facerlles
preguntas sobre os seus soños, sobre os soños que xa cumpriron e non son
conscientes ou non valoran, sobre os soños dos demais e de como ser parte deses
soños alleos.
É un vídeo impactante que pode axudar aos vosos fillos
sensibilizarse sobre unha realidade que non todos os mozos coñecen, a dar
importancia ao importante e a valorar o que agora creen que é gratuito e que en
realidade é un privilexio: a saúde, o amor dos pais, a amizade, o seu fogar, os
irmáns, poder estudar…
E para nós como pais porque ás veces centrámonos no
futuro, nas expectativas, nos erros… sen permitirnos ver a verdadeira esencia
dos nosos fillos, a marabillosa persoa que se esconde tras unhas malas notas ou
un comportamento desafiante.