O vindeiro mércores 13 de marzo, de 15 a 16,30 horas, terá lugar unha nova charla da nosa Escola de Pais. Achegarase ao noso centro Maite Pérez Casas (psicóloga, especialista en Prevención de Condutas Adictivas e Traballo con Familias) para falar da comunicación familiar como ferramenta educativa. Esta charla está destinada a pais e nais con fillos/as en 5º e 6º e na ESO, e está enmarcada dentro do Programa de Prevención no ámbito familiar “ Máis que un teito” impulsado polo Concello de Vigo.
Agradecemos a vosa asistencia