Especialista en Psicología Educativa e Psicología Clínica e
da Saúde, Silvia Álava é autora de libros como "Queremos que crezan
felices", "Contos para comer sen contos" e "A psicología
que nos axuda a vivir", onde proporciona recursos e pautas que aplica na súa
experiencia clínica como terapeuta especializada en psicología infantil. Firme
defensora da autonomía dos nenos, Silvia Álava reclama o dereito ao erro na
aprendizaxe e a superación de medos e desafíos. Entre outros temas, explica por
que os pais deberían limitar a súa participación nos deberes dos nenos, como
afrontar a ansiedade ante un exame ou evitar a sobreprotección. Ademais,
proporciona claves para que os nenos desenvolvan relacións baseadas na
confianza e a igualdade, así como o rexeitamento a condutas machistas.
Esta interesante entrevista apareceu publicada en El País.
Preme para vela: