Damos demasiada importancia ás notas?

Licenciada en Psicología e Ciencias da educación, Sonia Díez é fundadora de varios centros educativos e autora do libro "Educacción". A súa obra é unha chamada urxente para mellorar a educación. Díez pide un cambio para mellorar o sistema educativo unindo a familias, mestres e institucións para traballar xuntos e lograr unha educación que responda ás esixencias e aos importantes cambios sociais que están vivindo as novas xeracións de estudantes: "O mundo está pedindo a gritos que exista un cambio de paradigma educativo, empecemos a vivir na incerteza asumindo que en algo nos equivocaremos, pero que merece a pena intentalo".

Damos demasiada importancia ás notas dos nosos fillos? Sonia Díez reclama unha avaliación que vaia moito máis alá dunha simple cualificación: "Cando dicimos quen somos non mostramos un "currículum mortis" que di todo o que fixemos, senón que presentamos un "currículum vitae" que di cal é o noso potencial, que somos capaces de facer".

Premendo na seguinte imaxe atoparedes un vídeo de BBVA en colaboración con ElPaís.