O vindeiro xoves día 25 de febreiro, de 17:00 a 18:30 horas,
terá lugar unha nova charla telemática do noso centro. O tema é "Normas e
Límites", e será impartida por Marta Lloves.
"Aos nenos hai que poñerlles límites. A nosa sociedade
ten normas para facilitar a integración social e aos nenos hai que explicarlles
as consecuencias dos actos. O que pasa é que moitas veces poñemos os castigos
cando estamos enfadados, a modo de vinganza. Hai que facerlles ver que eu non
me enfado. Os límites son fundamentais, pero establecelos de xeito tranquilo e
sabendo que o neno vaina a montar logo, que non vai ir a agradecerche que lle
poñas limites."
Carlos Pajuelo (psicólogo)