O Coro Safari: un gran exemplo

O Coro Safari nace nunha escola-orfanato de Entebbe, Uganda, de 270 nenos; nenos aos que lles gusta cantar, bailar, xogar ao fútbol, rir! Nenos que se diferencian doutros nenos só polo seu contexto histórico e gráfico, distintos só polas circunstancias.
Os pais do fogar son Richard e Mama Debora, que adoran a música e están convencidos de que a música sana a alma e que as feridas emocionais do abandono, dos abusos, da explotación ou da violencia, son menos se deixa ao corazón cantar.
Apadriñados agora por Alejandro Sanz, o Coro Safari achégase ao noso país e seguro que pagará a pena ir a velos nalgún concerto.

Se queres saber máis, preme na imaxe:




E como agasallo, este vídeo do Coro Favola de Leganés e do Coro Safari de Entebbe: