Coa colaboración do Equipo de Prevención de
Drogodependencias do Concello de Vigo, e da asociación Érguete, o vindeiro mércores 20 de xaneiro de 2016 de 17.00 a 18.30 horas, terá lugar unha nova xuntanza da nosa Escola de Pais.
Neste caso, nunha charla que seguro que será amena e interesante, David Martínez López, pedagogo, falará de:
“Comunicación Pais-fillos”
Están convidados todos os pais e nais con fillos/as cursando a ESO ou Educación Primaria.
Non faltedes.