Escritor
e divulgador, Álex Rovira cre firmemente no poder transformador da palabra e da
nosa mirada cara aos demais. Nas súas reflexións, aborda tanto cuestións
relacionadas coa innovación, a creatividade e a dinámica de equipos, como
contidos relacionados coa psicología, a filosofía, a antropología ou a
sociología. Autor do libro `O Compás Interior´, traducido a nove idiomas e con
máis de cincocentos mil exemplares vendidos, Rovira é ademais un dos escritores
españois con maior prestixio internacional. As súas obras, traducidas a máis de
35 idiomas, supuxeron un éxito de vendas en todos os países nos que foron
publicadas. Tamén é co-autor de `A Boa Sorte´, un éxito sen precedentes na
literatura de non ficción española, con preto de catro millóns de copias
vendidas e que foi elixido mellor libro do ano en Xapón no ano 2004. Polo seu
carácter inspirador, é colaborador habitual de diversos medios de comunicación
e un ponente moi demandado tanto na esfera nacional como internacional. Citando
ao poeta e novelista Goethe, Álex Rovira afirma: “Si tratas a un ser humano
como é, seguirá sendo o que é; pero si o tratas como pode chegar a ser, converterase
no que está destinado a ser”.
Para ver o vídeo, preme na imaxe: