Charla da Escola de Pais

O vindeiro xoves 24 de novembro terá lugar unha charla da Escola de Pais. Achegarase ao noso centro a psicóloga Ana Álvarez para falarnos de “mediación parental”, de como evitar os problemas que veñen asociados a un mal uso das tecnoloxías e internet por parte dos nosos fillos/as.

A charla será de 15,30 horas a 16,30 horas na Biblioteca do centro.

Charla impartida grazas ao Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE)



Imparte: Ana Álvarez é psicóloga, consultora especializada en alfabetización e madurez dixital, innovación social e uso seguro e responsable da tecnoloxía. Dirixiu a súa carreira profesional, ao longo dos últimos 20 anos, como coordinadora e dinamizadora de proxectos para o desenvolvemento e implantación da Sociedade da Información, colaborando con diferentes entidades e institucións (Gobernos autonómicos, Concellos, proxectos europeos, entidades privadas e asociacións), de ámbito autonómico, nacional e internacional.