O pasado xoves 24 de novembro, tal e como estaba prevista, tivo lugar a charla da psicóloga Ana Álvarez sobre o como debemos educar aos nosos fillos con relación ás novas tecnoloxías. Baixo o nome de "Mediación Parental", falouse sobre como evitar os problemas que poden xurdir cando os nosos fillos navegan por internet sen control, pertencen a redes sociais ou atopan páxinas non recomendables para eles.
Podemos dicir que a charla foi un éxito de público e que os asistentes disfrutaron dos consellos e recomendacións que Ana lles deu.
Esperamos contar en anos vindeiros de novo coa súa colaboración e tamén coa de Incibe.
Ana Álvarez de la Roz en plena charla |