Charla Escola de Pais: mediación parental

Como indicábamos nunha anterior entrada o xoves 24 de novembro terá lugar unha charla da Escola de Pais. Achegarase ao noso centro a psicóloga Ana Álvarez para falarnos de “mediación parental”, de como evitar os problemas que veñen asociados a un mal uso das tecnoloxías e internet por parte dos nosos fillos/as.

Esta charla, impartida grazas ao Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), conta cun guión/guía que podedes ver se queredes adiantarvos a algún dos contidos da charla. Como guía é moi interesante e aporta unha información necesaria e práctica para o traballo que como pais e nais debemos facer con respecto aos nosos fillos e as novas tecnoloxías.

Esta guía republicámola coa autorización da licencia de INCIBE e a súa su iniciativa Menores OSI. (https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/deed.es_ES). Recomendamos ademais visitar as súas páxinas:
https://www.incibe.es 
https://menores.osi.es.

Para ler ou descargar a guía, preme na imaxe: