Cada dous anos o Ministerio de Sanidade a través da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN), publica o Informe "Aladino". Este informe busca analizar a incidencia da obesidade infantil en España e a súa relación con hábitos e situacións sociais como a actividade física, o sono e os dispositivos electrónicos. Os datos deste informe son unha fonte de reflexión sobre como estamos educando aos nosos fillos. Neste último informe, por exemplo, reflíctese que algo mais do 20 % dos nenos de 6 anos no noso país ten unha tele ou un reprodutor de DVD no seu cuarto, e un 10 % conta cunha videoconsola. Isto, por suposto, está relacionado cun maior risco de sobrepeso.
Este último informe amosa como un 9 % dos rapaces e rapazas ata os 9 anos teñen un ordenador no cuarto. ¿Realmente podemos dicir que sabemos, como pais e nais, como é o uso da internet no noso fogar por parte dos nosos fillos?
Deixamos aquí un enlace ao informe "Aladino" 2015 para que podades profundizar nos hábitos e costumes diarios dos nenos españois. É dicir, dos nosos fillos.
Para ler ou descargar, preme na imaxe: