A Fundación para a Diabetes é unha entidade de carácter privado sen ánimo de lucro e cun ámbito de actuación de todo o territorio nacional. Esta entidade ten como obxectivo a loita contra o aumento da diabetes e as súas complicacións. Apostan por un estilo de vida saúdable e poñen a disposición de todos nós as ferramentas necesarias para previr esta enfermidade así como para levar un bo control dela.
Se queres saber máis da diabetes, dos seus tratamentos, da súa repercusión nos nenos, a páxina desta Fundación é esencial. Nela atoparedes boa e contrastada información e consellos para levar a cabo.
Para entrar na páxina, preme na imaxe: