A aplicación para dispositivos
móbiles “Urxencias Sanitarias de Galicia”, disponible sen custo tanto para
plataforma Android, como para IOS, supón un avance significativo para a
asistencia ao paciente no entorno extrahospitalario.
Unha vez instalada a aplicación,
se o paciente ou alertante chama ao 061 a través da mesma, permite á Central de
Coordinación Urgencias Sanitarias de Galicia – 061 (CCUSG - 061), xeolocalizar
a chamada e polo tanto de ser necesario, enviar o recurso asistencial necesario
con maior prontitude e precisión, feito especialmente relevante nunha comunidade
como Galicia, con grande dispersión xeográfica e cunha climatoloxía e orografía
complexas.
A aplicación permite se o usuario
o desexa, rexistrarse e introducir os datos da tarxeta sanitaria, facilitando
nese caso que o persoal sanitario da CCUSG-061 acceda con maior prontitude a
súa historia clínica.
Para acceder a esta App, preme na
imaxe: