Blanco perfecto

“Blanco perfecto” é un libro para falar dos celos dos nenos/as.

Os celos son unha reacción normal na infancia. Unha emoción universal, natural que se produce por medo a perder o agarimo dos seres aos que amas. Todos os nenos, sen excepción, senten celos. Uns dun xeito moi manifesto e outros doutra máis calada e silenciosa. Pero todos os nenos pasan por etapas nos que se senten celosos. Celosos dun novo hermanito, de papá, de mamá ou dunha nova parella dun deles ou quizais dun primo ou amigo.

Os celos son así: normais, naturais, universais e inevitables.E aínda que os pais non podamos evitar a aparición dos celos, si podemos axudar aos nosos fillos a que os expresen dun modo adecuado, reducindo as rabietas, as regresións e outras condutas que poden aparecer coa chegada dun novo hermanito.

Os contos son unha excelente ferramenta para chegar aos nenos e ?Branco perfecto? axudaranos nesta difícil tarefa, que non é outra que a de axudar aos nosos fillos a encauzar e gestionar as súas emocións. Como? Pois en primeiro lugar proporcionándolles a oportunidade de identificar o que senten e facéndolles ver que é algo que non só lles ocorre a eles. Que é normal que se sintan así, que non son bichos raros pero sobre todo estando ao seu lado ofrecéndolles en todo momento o noso amor incondicional.