Escrito
por Rosemary McCarney, embaixadora das Nacións Unidas en Canadá, ¿Donde
viviré? axudará aos nenos que
non están directamente afectados por esta crise humanitaria, a pensar na
importancia do fogar e en como é a vida dun pícaro refuxiado que non ten un
lugar permanente e seguro para acubillalo a el e á súa familia. As fermosas
fotografías forman parte da Biblioteca de Imaxes de ACNUR (Alto Comisionado das
Nacións Unidas para os Refuxiados) e inclúen imaxes de nenos que migran e de
campos de refuxiados en países como Líbano, Ruanda, Iraq, Níger, Hungría,
Jordania, Sudán e Grecia. Unhas imaxes que nos amosan como moitos nenos, de
diferentes partes do mundo, teñen que abandonar as súas casas porque xa non son
seguras. Debido ás guerras e aos conflitos armados, eles e as súas familias convertéronse
en refuxiados. Para eles a vida é moi dura e está chea de interrogantes. No
entanto, atopan tempo para rir, xogar e facer amigos. E o máis importante de
todo, conservan a esperanza de que nalgún lugar alguén lles dará a bienvenida a
un novo fogar.
Recorda: esa familia e eses nenos poderían ser os
teus!
Parte dos beneficios obtidos pola venda deste libro
serán doados a programas para nenos refuxiados de todo o mundo.