1. Débese regañar a tempo:
Non serve de nada aguantar 9 travesuras e, á décima, facerlles pagar todas xuntas.
2. Exprese os seus sentimentos adecuadamente: Isto axuda aos nenos a comprender os nosos motivos, pero sen deixarnos levar polo enfado. “Voume a enfadar si volves facer iso porque…”, “Non me gusta cando fas… porque…”
2. Exprese os seus sentimentos adecuadamente: Isto axuda aos nenos a comprender os nosos motivos, pero sen deixarnos levar polo enfado. “Voume a enfadar si volves facer iso porque…”, “Non me gusta cando fas… porque…”
3. Non caer na chantaxe
emocional: Non debemos dicir “Poñereime moi triste e chorarei si non che comes a sopa”, “Mamá poñerase
maliña si non es bo”, porque así lles facemos culpables dos nosos sentimentos.
4. Recoñeza os sentimentos
do neno: “Sei que o fas porque estás moi nervioso, mais…”, “Sei que é difícil para ti
facelo, mais…”, ”Sei que estás triste, mais…”, “Sei que non tes ganas, mais…”
5. NON se concentre en
regañar o negativo: Describa claramente que é o
que vostede espera del. É mellor dicir “Garda os xoguetes
no caixón” que dicir “Es un desordenado”. NON o descalifique, nada de “Es malo”,
“Es torpe” nin “Es parvo”. Estas etiquetas, ademais de non ser verdade,
non lle dan ao pícaro pistas claras sobre o que debe cambiar e, o que é peor, incorpóranse ao concepto
que o neno ten de si mesmo e acabará portándose acorde con elas.
6. Nunca debe dicirlle “Non
te quero” ou ameazalo con que non o vai a querer: O amor dos pais é incondicional, por encima de todo, para que o neno creza sentíndose querido e para afianzar a súa
confianza en vostede.
7. Non berre continuamente
por todo: Cando de verdade vostede queira demostrar enfado, o costume das rifas e gritos continuos
fíxoos ineficaces. En realidade, son os pais que non se alteran facilmente os que
mellor impoñen a súa autoridade.
8. NUNCA o compare:
Nada de “aprende do teu irmán ou do teu amigo”. Un neno mostrará mellor disposición a cambiar si o estimulamos
a superarse a si mesmo: “Onte conseguiches…” As comparacións son odiosas, crean
resentimentos e poucas veces conducen a unha mellora real.
9. Evite frases como “porque
o digo eu”, “porque si”, etc.: Si utilizamos
fórmulas de cortesía (“por favor, serías tan
amable de…”) descubrirá como producen resultados sorprendentes nos nenos.
10. Non regañe por hábito:
Déalle aos seus enfados un espírito positivo. É mellor dicir “Come e poñeraste forte como un superheroe”
que dicir “Si non comes non verás a tele”.