O vertixinoso desenvolvemento das Tecnoloxías da
Información e Comunicación (TIC) nos últimos anos, especialmente de internet,
abriu un mundo de novas posibilidades e coñecementos. Na súa relativa curta
existencia, internet transformou xa moitos dos nosos hábitos e supuxo un cambio
de paradigma no xeito de comunicarnos e relacionarnos cos demais.
Si xa moitos adultos somos incapaces de entender a nosa vida sen internet, isto
é moito máis certo para os mozos, que naceron con internet e crecen nunha sociedade
na que a experiencia virtual forma parte da súa existencia coa mesma
transcendencia que na vida real.
A Axencia Española de Protección de Datos abriu unha
páxina web para que este contacto con internet dos nosos fillos sexa seguro e
non unha fonte de problemas. A Axencia considerou que a mellor forma de
garantir a protección dos menores en internet é pola vía da formación e da
concienciación.
Esta páxina web é un valioso recurso para os pais
que desexan que os seus fillos se manexen coas novas tecnoloxías de forma
segura.
Para entrar na web “tú decides en internet” preme na
imaxe.