Guía editada pola CEAPA (Confederación Española de
Padres y Madres de Alumnos).
A alimentación é un alicerce
fundamental na saúde das persoas. No caso dos nosos fillos e fillas, unha
nutrición sa e equilibrada é básica para que poidan ter un desenvolvemento e
rendemento físico e intelectual adecuado.
Con todo, poucas veces parámonos
a pensar sobre a importancia que ten a alimentación para nosa saúde. E non
estamos falando só de cales son os alimentos que compoñen a nosa alimentación
habitual, que obviamente é algo moi importante, senón tamén de todos os
aspectos que rodean e dan sentido ao acto de alimentarse.
Os pais e as nais somos unha
referencia para os nosos fillos e fillas, que moitas veces non fan máis que
repetir os nosos costumes e hábitos. Por iso, si adoptamos hábitos saudables de
alimentación é altamente probable que os nosos fillos e fillas tamén o fagan.
Para ler ou descargar esta guía, preme na imaxe: