Autoría: Alfonso Méndez Alegre
(Instituto Centta) e Robin Rica Mora (Instituto Centta)
Guía editada pola CEAPA (Confederación Española de
Padres y Madres de Alumnos).
A infancia é unha etapa do noso desenvolvemento na
cal unha correcta alimentación ten un papel esencial. Os casos de malnutrición,
ou ben por exceso ou ben por defecto, poden ter importantes repercusións no
desenvolvemento normal e no estado de saúde dun individuo a curto e a longo
prazo.
Ademais, e como dato moi importante, non debemos
esquecer que durante esta etapa é cando se van a comezar a instaurar os hábitos
alimentarios que se manterán durante toda a vida. Por iso, debemos instaurar
desde a máis tenra infancia, uns bos hábitos en canto á alimentación e á
actividade física dos nosos fillos e fillas, promovendo unha correcta
alimentación e estimulando a práctica habitual de actividade física en calquera
das súas modalidades.
Para ler ou descargar esta guía, preme na imaxe: