Autores:
© Del guión: Miguel Ángel Giner Bou.
© De las ilustraciones: Cristina Durán Costell.
Cómic editado polo MINISTERIO DE SANIDAD, POLÍTICA SOCIAL E IGUALDAD,
SECRETARÍA DE ESTADO DE IGUALDAD (Delegación del Gobierno para la Violencia de
Género)
Podería parecer mentira, ou unha historieta en lugar
dunha historia, ou algo afastado ou irreal, coma se a realidade nada tivese que
ver cos debuxos que aparecen no cómic, nin os personaxes coas persoas que
camiñan ao noso lado, que collen o metro ou o autobús ao mesmo tempo que o
facemos nós. Pero asegúrovos que a historia de Olivia e Martín é verdade e que
os seus personaxes non veñen doutro mundo nin son produto da imaxinación. Os
protagonistas poden ser calquera dos mozos e das mozas cos que vos atopades
habitualmente no patio ou nas aulas, na rúa ou nun centro comercial. Xente
coñecida, mozas que se quedan pilladas por mozos que ao principio son moi
simpáticos, pero que despois se creen donos delas, que consideran que son súas,
algo que lles pertence... e deixan de ser simpáticos para volverse violentos.
Para ler ou descargar, preme na imaxe: