Autoría: Dolores Izuzquiza Gasset e Raquel Ruiz Incera
Si hai dous alicerces
fundamentais no desenvolvemento dunha persoa nos seus primeiros anos de vida eses
son a escola e a familia. E no caso das persoas con discapacidad intelectual máis
aínda. Por iso, os manuais que presentan Dores Izuzquiza e Raquel Incera son
dunha gran valía, polo acertado do tema e polo sentido práctico dos mesmos.
O profesional na
escola xoga un importante papel como mediador do proceso de ensino-aprendizaxe
en habilidades sociais, importantísimo para a relación cos demais. Falamos
neste caso de persoas con discapacidad intelectual que contan con maiores barreiras
á hora de integrarse, en ocasións, creo eu, polo “medo” ou descoñecemento que, moitas
veces, o resto de persoas teñen á hora de relacionarse con eles. Por iso, para
o profesor, moitas veces desorientado neste sentido, a guía que aquí se
presenta, seralle de gran apoio. O mesmo ocorre coa familia. O binomio
casa-escola debe ir unido e en harmonía, traballar de xeito
conxunto para que os nosos fillos, como ben di o título, aprendan a
relacionarse.
Para ler ou descargar a guía, preme na imaxe: