Cando te cruces coa infancia na túa vida

Hoxe compartimos convosco a charla TED que Alba Alonso realizou o pasado mes de setembro en TEDxGalicia.

Alba proponnos traballar por favorecer unha infancia creativa, onde a mente activa é a protagonista e onde o valor lúdico é innato. Na súa charla fai unha chamada de atención sobre o valor único que teñen os nosos pequenos e defendendo a toma de decisións en canto aos seus gustos, non en canto aos gustos que a sociedade imponlles baseándose no seu sexo.


Alba é unha profesora activa e curiosa que sempre se pregunta polo que ocorre ao seu redor, en especial por todo o que ten que ver coa infancia. Non entende os mundos só rosas, ou só azuis. É por iso que impulsa Realkiddys, un movemento que propón pícaras e nenos auténticos, reais e libres.