Guía editada polas fundacións BBVA e María José Jove co obxectivo de aportar aos centros escolares, aos docentes e ás familias pautas para controlar a asma dos nenos e nenas de forma coordinada entre os entornos familiar e escolar. A asma é unha enfermidade crónica máis frecuente entre os nenos e nenas dos países desarrollados, mais según un estudo elaborado de forma conxunta por estas fundacións no ano 2010 o 93 % dos profesores españois creía que os seus coñecementos sobre esta enfermidade eran suficientes e desexaba melloralos. Esta guía tenta cubrir este baleiro, ofrecendo información xeral sobre a enfermidade e respondendo a cuestións concretas que se poden plantexar no día a día nas escolas como a forma de reaccionar ante unha crise asmática dun alumno ou alumna. A elaboración da guía estivo dirixida polos doctores Ángel López-Silvarrey e Javier Korta, coa participación de outros doce expertos e o aval da Asociación Española de Pediatría, a Sociedad Española de Neumología Pediátrica e a Asociación Española de Pediatría en Atención Primaria.
Esta guía é interactiva; para ler, preme na imaxe: