Como promover a autoestima dos nosos fillos/as

Isabel Bellver Vázquez-Dodero é a autora desta guía editada por CEAPA, na que se fala da autoestima como motor que lles permitirá medrar e madurar acadando os seus obxectivos e superando as dificultades que a vida lles porá diante.
Para que os nosos fillos e fillas sexan felices e cheguen a ser independentes co seu propio proxecto vital cómpre que traballemos dende a súa infancia a autoestima. Nesta guía proporciónanse algunhas pistas de como facelo.

Para ler ou descargar, preme na imaxe: